Inicio Carballo ao día Novas O Concello de Carballo inviste preto de 50.000...

MELLORAS VIARIAS

O Concello de Carballo inviste preto de 50.000 euros na pavimentación de 17 vías urbanas

Xoves 19 de xaneiro do 2017

Os proxectos de mellora da accesibilidade que se están a levar a cabo nas rúas Vila de Noia, Xúpiter, Barrio das Flores -aos que pronto se sumarán as reurbanizacións das rúas Ponte e Desiderio Varela e da contorna do CEIP San Luís Romero- complementarase cun investimento de preto de 50.000 euros na pavimentación doutras 17 vías urbanas. As obras serán executadas pola empresa Lancer Proyectos y Obras, que dispón de tres meses de prazo para levalas a cabo.

As actuacións dividíronse en varios tipos en función do estado das vías, de xeito que nuns casos será preciso realizar un fresado previo ou rebacheo antes de aplicar a capa de rodadura. En total pavimentaranse 15.142 metros cadrados, e a actuación completarase coa sinalización horizontal.

Relación de rúas

  • Avenida do Ambulatorio
  • Ramón y Cajal
  • Gregorio Marañón
  • Severo Ochoa
  • Luís Braille
  • Marte
  • Pintor Luís Seoane
  • Pan
  • Cervantes
  • contorna do edificio de Facenda
  • Manuel Regueira
  • Vila de Negreira
  • Estrela
  • Baños Vellos
  • Pontevedra
  • Névedas
  • María Barbeito
  • Ramón Cabanillas
  • acceso á caldeira de biomasa. 

Compartir: