Inicio Carballo ao día Hemeroteca Comezan as obras da 1ª fase da...

O PRAZO DE EXECUCIÓN DOS TRABALLOS É DE 6 MESES

Comezan as obras da 1ª fase da travesía de Sísamo da capital municipal por un importe superior aos 270.000 euros

Xoves 15 de decembro do 2016

Reformulo 1ª Fase Travesía de Sísamo

O acto de sinatura da acta de reformulo tivo lugar no quilómetro O

Hoxe, xoves 15 de decembro, vén de asinarse no punto quilométrico 0 a acta de reformulo da Fase 1 das obras de mellora da Travesía de Sísamo (estrada provincial DP-1901), no treito que transcorre precisamente entre o quilómetro 0,000 e o 0,310. O proxecto está incluído nas actuacións da quinta fase do Plan de Travesías 2015 da Deputación da Coruña e o prezo de adxudicación foi de 270.717,75 euros (IVE incluído), cun prazo de execución previsto de seis meses. A empresa encargada dos traballos será Excavaciones y Obras Candal SL.

O prazo de execución previsto é de seis meses e a empresa encargada dos traballos será Excavaciones y Obras Candal SL

Estiveron no acto, entre outros, o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o Concelleiro de Obras e Servizos, Luís Lamas; os deputados provinciais Xosé Regueira, Deputado de Cooperación, Plans provinciais xerais, Asistencia a municipios, Turismo e Patrimonio histórico-artistico e Xosé Manuel Pequeño, Deputado de lnfraestruturas Viarias, Vias e Obras provinciais e Medio Ambiente, e representantes da empresa adxudicataria.

Mellora do firme e das beirarrúas

As obras suporán o soterramento dos servizos, incluídos os saneamentos, a liña eléctrica, a rede de gas e a rede de telecomunicacións. Os traballos tamén inclúen a mellora do firme da vía, coa creación dunha calzada de plataforma única (coas beirarrúas á mesma altura que o firme para os vehículos) e a reposición e soterramento de todos os servizos, incluídos os saneamentos, a infraestrutura de enerxía eléctrica (media e baixa tensión), o alumeado público, a rede de telecomunicacións (telefonía e cable) e a rede de gas. A actuación tamén inclúe a dotación de mobiliario urbano.

Compartir: