Inicio Carballo ao día Avisos O Concello de Carballo pon a disposición...

Máis información en servizos sociais no 981 700 688

O Concello de Carballo pon a disposición das familias o programa Concilia

Luns 31 de agosto do 2015

programa Concilia

A Concellaría de Igualdade e Benestar, que dirixe Maica Ures, ten aberto durante todo o ano o prazo de inscrición para os nenos e nenas no programa Concilia, que ten como obxectivo axudar ás familias na súa conciliación coa vida laboral. Aqueles usuarios e usuarias que queiran empregar o servizo poden dirixirse en calquera momento do ano a Servizos Sociais (edificio do antigo Ambulatorio, s/n) para formalizar a solicitude. Tamén é posible obter máis informacion no teléfono 981 700 688.

O programa Concilia desenvólvese tanto durante os períodos vacacionais como durante o curso escolar. Comprende un servizo de gardaría, no que as monitoras atenden ao alumnado, garantindo hábitos de hixiene, e ademais realizando actividades de lecer e tempo libre; e un servizo de almorzo opcional para aqueles nenos/as que o soliciten.

Os interesados e interesadas poden descargar máis abaixo nesta mesma nova o cadro de prezos e condicións, así como o folleto informativo do Concilia en pdf.

Descargas

Compartir: