Inicio Carballo ao día Hemeroteca Sométese a información...

EMPRESAS

Sométese a información pública o proxecto de ampliación do polígono industrial

Venres 8 de xullo do 2005

O Goberno municipal pretende consolidar o tecido empresarial a zona a través desta nova fase do polígono que vai satisfacer a importante demanda de solo por parte das empresas. Co mesmo obxectivo, púxose xa en marcha a construción dun viveiro de empresas neste polígono, que lle ofrecerá aos novos emprendedores un servizo de formación, financiamento e asesoramento xurídico. Isto vai favorecer a creación de novas empresas e o fomento da cultura empresarial na zona.

O proxecto sectorial do parque empresarial de Carballo e o estudo do impacto ambiental están incluídos no Plan sectorial de ordenación territorial de áreas empresariais no ámbito da comunidade autónoma de Galicia. A documentación dos proxectos poderá ser revisada por calquera cidadán durante o prazo dun mes, en horario de oficina, nas dependencias da Dirección Xeral de Urbanismo, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, en Santiago de Compostela.

Dende o venres 8 de xullo, quedou aprobado o tramo un do proxecto da vía de alta capacidade entre Carballo e Fisterra, no que se inclúe o estudo do impacto ambiental.

Compartir: