Medio ambiente

Medio ambiente

[Casa do Concello]
Praza do Concello, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 100 Ext 2006
info@carballolimpo.com

Ver localización

Limpeza de soares

Solar limpo

Os propietarios e propietarias das parcelas e soares do casco urbano e nos núcleos rurais de Carballo teñen a obriga de mantelas limpas e libres de residuos, evitando o crecemento incontrolado de maleza e outros vexetais que afecten ás parcelas veciñas, e que en ningún caso poderán invadir as vías públicas. No caso das parcelas rurais, os veciños e veciñas  deben cumprir unha distancia de seguridade entre as plantacións forestais e as vivendas, ademais de manter un perímetro de seguridade libre de maleza tamén arredor das vivendas para cumprir coa Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais.

Naqueles casos en que os propietarios non asuman a limpeza dos soares ou fincas é cando pode abrirse un expediente -ben de oficio por parte do Concello, ben a instancias dunha reclamación- no que se inclúe unha orde de execución dos traballos, na que se fixarán todas as obras a realizar, así coma o prazo máximo para efectualas. Transcorrido o prazo concedido para dar cumprimento á orde de execución, o Concello poderá ordenar a execución subsidiaria ou forzosa, mediante imposición de multas coercitivas e o pago dos traballos realizados.

O Concello prega aos veciños e veciñas que cumpran voluntariamente con esta normativa.

Descargas



Galería

Compartir: