Libros, actividades lúdicas, presentacións, música, actuacións, autoras e autores da comarca e do país, recitais e moitas outras propostas encherán de vida, imaxinación e creatividade o Xardín Municipal durante catro días. Unha nova edición da feira literaria de Bergantiños que cada ano pretende promocionar a lectura e achegarlle á cidadanía o libro e os produtos culturais galegos.
E todo isto fundirase o xoves e o domingo coa feira tradicional, polo que de seguro que haberá moito máis que libros...
PROGRAMA
XOVES 21
10.30 h: Inicio da Praza dos Libros 2008
13.00 h: Inauguración e pregón
INAUGURACIÓN
-Belén Lendoiro, concelleira de Cultura e Normalización Lingüística de Carballo
-Milagros Lantes, delegada da Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia
-Luís Bará, director xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura e Deporte
-Xosé Antonio Viña, tenente alcalde de Carballo
20.00 h: Curros Enríquez. Nación, liberdade e progreso. Charla a cargo de Pilar García Negro a propósito da exposición do mesmo nome que estará no Xardín Municipal de Carballo do 21 ao 31 de agosto
21.00 h: Presentación do libro U-49, de Rafael Lema Mouzo. O autor estará acompañado por Santiago Pazos
VENRES 22
12.30 h: Presentación do Manifesto pola convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o galego
20.00 h: Conta e canta, por Contos das Estacións. Música, teatro, sombras chinesas, animación...
Colabora: Deputación da Coruña
-O xoves 21 de agosto inaugurarase tamén a exposición Curros Enríquez. Nación, liberdade e progreso, que estará no Xardín Municipal de Carballo até o domingo 31 de agosto.
-O xoves 21 e o domingo 24 pola mañá, a Praza dos Libros convivirá coa feira tradicional de Carballo.
-Todas as persoas que merquen material na Praza dos Libros serán agasallas coa axenda Os meus favoritos, guía de recursos na Internet. Tamén entrarán en sorteos diarios de lotes de libros.
HORARIOS DAS CASETAS
Xoves
Mañá: de 10.30 h a 14.00 h
Tarde: de 17.30 h a 21.30 h
Venres
Mañá: de 11.00 h a 14.00 h
Tarde: de 17.30 h a 22.30 h
Sábado
Mañá: de 11.00 h a 14.00 h
Tarde: de 17.30 h a 22.00 h
Domingo
Mañá: de 10.30 h a 14.30 h
Tarde: de 17.30 h a 22.00 h
PARTICIPAN
Libraría Brañas (Carballo)
Libraría Como unha novela (A Laracha)
Libraría Couceiro (A Coruña)
Libraría Orizales (A Coruña)
Libraría Roget (Vimianzo)
Libraría Trasgo (Carballo)
Rei Zentolo (camisolas)
Solidariedade Galega co Pobo Saharauí
A Mesa pola Normalización Lingüística [xoves 21 e venres 22]
A Lonxa Cultural (disco galego) [sábado 23 e domingo 24]
Concello de Carballo
ORGANIZA
Concello de Carballo
Concellaría de Cultura e Normalización Lingüística
COLABORAN
Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia
Editorial Kalandraka
Pan de Carballo
Concellaría de Promoción Económica. Concello de Carballo
ISBN: 978-84-9782-628-0
Editorial: Xerais
Páxinas: 176
Ano de edición: 2007
Prezo: 13,75 €
Ilustracións de Pablo Auladell
Presentación editorial
Hai unha trama de fíos invisíbeis que une as vidas dos personaxes deste novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián… todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata que se mantén máis alá da morte. Aínda sabendo isto, as persoas sempre buscamos na nosa vida ese sentimento tan necesario como o aire que respiramos, quizais porque intuímos que, como escribe Orhan Pamuk en Neve, “na vida o único que queda é o amor”. E sempre, os libros como compañeiros da aventura do amar. Un libro memorable.
Premio Xosé Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil do ano 2007 - Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega (Infantil-Xuvenil), 2007
Conversa co autor
Agustín Fernández Paz falará cos lectores e lectoras de O único que queda é o amor o mércores 18 de xuño a partir das 21.00 h no Pub Silfo de Carballo.
O autor do libro proposto por Literactúa para xuño de 2008, O único que queda é o amor
Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947). Autor dunha longa obra narrativa en lingua galega, na súa maior parte traducida a todas as linguas ibéricas, o seu labor creativo céntrase no eido da narrativa infantil e xuvenil.
Publicou as seguintes obras dirixidas a público xuvenil: Rapazas (Xerais 1993, 2003), contos; Trece anos de Branca (1994), novela, Premio EDEBÉ de literatura Xuvenil 1994; Cartas de inverno (Xerais 1995), novela, Premio Rañolas ao mellor libro xuvenil de 1995; Amor dos quince anos, Marilyn (Xerais 1995, 2001), contos; O centro do labirinto (Xerais 1997), novela; Aire negro (Xerais 2000), novela, Lista de Honra do IBBY 2002 e Premio Protagonista Jove 2001; Noite de voraces sombras (Xerais 2002), novela; Tres pasos polo misterio (Xerais 2004), relatos, Corredores de sombra (Xerais 2006), novela e O único que queda é o amor (Xerais 2007), relatos.
Conversa co autor
Agustín Fernández Paz falará cos lectores e lectoras de O único que queda é o amor o mércores 18 de xuño a partir das 21.00 h no Pub Silfo de Carballo.
Por motivo dunha pequena intervención cirúrxica de última hora, o autor convidado no mes de maio non poderá participar na conversa. Xosé María Álvarez Cáccamo sufriu unha súpeta apendicite da que xa foi operado satisfactoriamente en Barcelona e da que xa se recupera sen problemas, mais que obriga a suspender a conversa que estaba prevista con el en Carballo o próximo mércores 28 de maio.
A Concellaría de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Carballo deséxalle ao autor unha pronta e boa recuperación.
Xosé María Álvarez Cáccamo naceu en Vigo en 1950. Estudou Filoloxía Románica na USC e dende 1973 exerceu de profesor de Literatura en varios institutos de Galiza. Destaca como poeta, aínda que tamén publicou relatos breves, algunha peza teatral e textos para o público infantil. Como ensaísta centrouse na poesía galega da segunda metade do século XX, con estudos como Vida de Antón Avilés de Taramancos. A comezos do 2006 publica as súas memoria baixo o título de Memoria de poeta. Da súa obra lírica destacan os poemarios Luminoso lugar de abatimento, Premio Esquío 1986, e Calendario perpetuo, Premio da Crítica de Galiza 1998. Formou parte dos consellos de redacción dos suplementos Galicia Literaria de Diario 16 e Faro das Letras de Faro de Vigo. Foi membro do Foro da Cultura e na actualidade forma parte do consello de redacción da revista Grial e do colectivo Burla Negra.
Xosé María Álvarez Cáccamo é fillo de Xosé María Álvarez Blázquez, autor homenaxeado este ano 2008 no Día das Letras Galegas.
Vento de sal (poesía) [Galaxia]
Diálogo de dúas voces en contraste, Vento de sal parte da procura da memoria íntima para se achegar, desde os instantes fundacionais do tempo pasado, ao presente dos acontecementos históricos colectivos. Xosé María Álvarez Cáccamo realiza o tránsito entre os textos de verbalización elíptica e crebada, en suxestión de ámbitos oníricos, e unha modulación de vontade épica, de proxección social e de denuncia. Unha nova inflexión da súa poética, que constata agora a imposibilidade de trazar a paisaxe da permanencia, co perenne contrapunto da transcendencia outorgada polos outros.
O libro proposto en Literactúa para o mes de xuño O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz (estará o 18 de xuño no Pub Silfo).
ISBN: 978-84-9782-327-2
Editorial: Xerais
Páxinas: 160
Ano de edición: 2005
Prezo: 15,25 €
Presentación editorial
Reúne cinco relatos presididos todos eles polo sabor salgado do mar e polo ritmo cantareiro da música da repichoca. Historias que están cheas de repichocas, ese fabuloso berro ancestral impregnado de música e terra. Repichocas que teñen a forza dun aturuxo quente, dun arrouto de paixón, esa forza do ancestral que Xurxo Souto sabe empregar para revelarnos cal é o pulso dun país novo, distinto, fachendoso. As cousas que di chegan ao corazón. Xurxo Souto exerce o seu oficio literario con frescura, con orixinalidade, cun poderoso universo propio que constrúe asumindo o mellor da tradición, o mellor da oralidade, o mellor da lingua popular, o mellor do rexistro dos contadores de contos, o mellor dos alentos narrativos, fundindo a vida, a literatura, a música e a mitoloxía coma se fosen unha única cousa que desfolla e queima para que, na alquimia das súas cinzas, renazan estes relatos prodixiosos.
Conversa co autor
Xurxo Souto falará cos lectores e lectoras de Tres trebóns o mércores 30 de abril a partir das 21.00 h no Bodegón O'Pescador de Carballo.
O autor do libro proposto por Literactúa para abril de 2008, Tres trebóns
Xurxo Souto (Lugo, 1966). Licenciado en Filoloxía Clásica. Traballa desde 1986 en diferentes medios de comunicación. Como narrador ten publicado: A tralla e a arroutada (1995), relatos; Fumareu (1997), relatos; O retorno dos homes mariños (1999), novela; Contos da Coruña (2001), escolma de artigos sobre a súa cidade e Tres trebóns (2005), relatos.
Foi vocalista do conxunto bravú Os Diplomáticos de Monte-Alto e agora toca o acordeón no grupo que leva o mesmo nome que o seu último libro, Tres trebóns.
Na actualidade é xefe de programas da Radio Galega e presentador do programa musical Aberto por reformas.
Conversa co autor
Xurxo Souto falará cos lectores e lectoras de Tres trebóns o mércores 30 de abril a partir das 21.00 h no Bodegón O'Pescador de Carballo.
DÍA: Domingo 20 de abril
HORA: 12.30 h
LUGAR: Pazo da Cultura de Carballo
PARTICIPAN: Grupo musical Stranniki e grupo de teatro do CEIP Fogar de Carballo
ACTIVIDADES ABERTAS AO PÚBLICO... A CONTAR!
Luns 21 de abril, ás 18.00 h
MANOLO VÁZQUEZ, de Berrobambán Teatro
Martes 22 de abril, ás 18.00 h
CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN
Mércores 23 de abril, ás 18.30 h
THE PINGA TEATRO: O rei dos mares
Xoves 24 de abril, ás 18.00 h
CHARO PITA
Venres 25 de abril, ás 18.00 h
YOLANDA CASTAÑO e EDUARDO HERMIDA
CLAUSURA
DÍA: Sábado 26 de abril
HORA: 12.30 h
LUGAR: Pazo da Cultura de Carballo
PARTICIPAN: Teatro do Tempo: Os tres porquiños e algún outro
-Outórgase un primeiro premio de 1.000 euros e un segundo de 350, ademais da publicación dos dous artigos gañadores en nove xornais
-Co premio colaboran nove medios de comunicación escritos
O Concello de Carballo, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística, convoca por cuarto ano consecutivo o Premio a artigos xornalísticos normalizadores, un certame que ten como obxectivos promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega, crear espazos nos xornais para analizar e promocionar o uso do idioma galego e promover o uso da nosa lingua na prensa escrita.
O certame recompensa a redacción de artigos xornalísticos inéditos de opinión que traten sobre algún tema concreto relacionado coa defensa e promoción da lingua galega, co seu estatus, con propostas ou análises sobre o proceso de normalización lingüística, coa lexislación e os dereitos lingüísticos, con experiencias sociolingüísticas concretas, con accións de impulso ao uso social do galego, con experiencias útiles ou favorábeis para a dinamización da lingua, coa política lingüística, etc. Os artigos presentados deberán ter entre 2.500 e 3.500 caracteres con espazos incluídos e o prazo de admisión estará aberto até o 18 de abril.
Outorgaranse dous premios económicos, un primeiro de 1.000 euros e un segundo de 350 euros. Ademais, os dous artigos gañadores serán publicados nos nove medios de comunicación escrita colaboradores, que son: A Nosa Terra, A Peneira, Diario de Bergantiños, Galicia Hoxe, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, O Acontecer, Tempos Novos e Vieiros.
Nas tres edicións anteriores foron premiados/as autores/as como Xurxo Fernández Carballido, Olga Patiño Abeixón, Ana Rodríguez Barreiro, Ramón Vilar Landeira, Miguel Mosquera Fociños e Séchu Sende.
As bases completas do premio poden consultarse no sitio web do Concello de Carballo (www.carballo.org). Tamén se pode obter máis información no teléfono 981 704 304 ou no enderezo electrónico normalizador@carballo.org.