Aberto do 7 ao 27 de marzo o prazo de solicitude de participación nas probas para a obtención do Celga
Martes 7 de marzo do 2023 Lingua
Publicada a Resolución do 28 de febreiro de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL), pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2023 (DOG núm. 45, do 06.03.2023).
As probas realizaranse en Santiago de Compostela e Ponferrada, en maio/xuño de 2023 e publicaranse as datas concretas no Diario Oficial de Galicia e no Portal da Lingua Galega.
As persoas interesadas que desexen inscribirse teñen que cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, e aboar a taxa correspondente.
O prazo de presentación das solicitudes e de pagamento das taxas está aberto desde o 7 ata o 27 de marzo de 2023.