Clases preparatorias para as probas Celga 2, 3 e 4
Xoves 29 de setembro do 2022 Lingua
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo ofértalle á cidadanía a posibilidade de preparar as probas Celga 2, 3 e 4 participando nunhas clases que se impartirán todos os xoves dos meses de outubro e novembro, en horario de 18.30 h a 21.30 h no Fórum Carballo. As clases terán un mínimo de 10 persoas.
Todas as persoas interesadas pódense inscribir ata o 5 de outubro chamando aos teléfonos 881 983 865 ou 626 125 495.