Lingua

Lingua

Servizo de Normalización Lingüística 
[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 304 
Fax: 981 704 302 

O Correlingua chegou a Carballo para quedar!

O Pazo da Cultura encheuse na gran festa da lingua organizada pola Mesa pola Normalización Lingüística, CIG-Ensino e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega

Luns 25 de abril do 2022

Correlingua volve ser neste 2022 unha das grandes actividades arredor da lingua nos centros educativos galegos. E entre as máis de vinte festas que se celebrarán entre este mes e o vindeiro outono para dinamizar o uso da lingua hoxe foi a quenda de Carballo. Por primeira vez, esta actividade educativa organiza pola Mesa pola Normalización Lingüística, CIG-Ensino e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) tivo lugar no noso concello, pero a acollida foi tan excepcional que temos o convencemento de que chegou para quedar.

Co seu habitual sentido do humor, Fran Rei exerceu como mestre de cerimonias do acto, que encheu o auditorio do Pazo da Cultura con alumnado dos IES Agra de Leborís da Laracha e A Pastoriza de Arteixo, e dos CEIP carballeses Xesús San Luís Romero e A Cristina. No acto realizou unha breve intervención a concelleira de Normalización Lingüística, Maruxa Suárez, que aludiu á importancia da lingua "porque é a creación colectiva máis importante e a manifestación de identidade máis relevante dun pobo".

Maruxa Suárez puxo en valor o alto uso da lingua galega no noso concello e pediu aos rapaces e rapazas que presuman de lingua - "para falar, para ligar, para cantar ou para tiktokear. Porque o galego -dixo- non ten máis fronteiras que as que queiramos poñerlle, e nós, como as Tanxugueiras, sabemos que para a nosa lingua non hai fronteiras".

O momento máis agardado chegou coa Mekánika Rolling Band, que ofreceu un animadísimo concerto que puxo en pé e fixo bailar a grandes e pequenos.



Galería

Compartir: