Lingua

Lingua

Servizo de Normalización Lingüística 
[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 304 
Fax: 981 704 302 
nelvidal@carballo.gal

A Deputación da Coruña e o Concello de Carballo difunden o legado de Carvalho Calero cunha exposición a ceo aberto

A mostra, que quedará instalada hoxe na Praza do Concello, poderá visitarse ata o 1 de marzo

Luns 15 de febreiro do 2021

A exposición quedou instalada hoxe

A exposición quedou instalada hoxe

A Deputación da Coruña e o Concello de Carballo, a través das súas respectivas áreas de Normalización Lingüística, queren, dalgún xeito, resarcir a Ricardo Carvalho Calero cunha exposición que axude a difundir o seu legado entre a cidadanía do noso concello. "Ninguén pon en cuestión que a COVID-19 fixo que a conmemoración do Día das Letras Galegas para Ricardo Carvalho Calero, tan demandado e agardado, quedara desdebuxado tanto polo confinamento e polo peche dos centros de ensino no período lectivo arredor do día como pola imposibilidade de organización de actos con asistencia de público", comenta a deputada de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, María Muíño, que defende a súa proposta como "unha actividade segura xa que está ao aire libre e especialmente acaída para difundir a figura de Carvalho Calero porque está a pé de rúa".

Hoxe quedou instalada na Praza do Concello, no corredor paralelo á rúa Colón, unha exposición que percorre a vida e a traxectoria de Ricardo Carvalho Calero a través de trece expositores que permiten coñecer a traxectoria vital e profesional do autor, desde o seu nacemento en Ferrol até o peche co titulado "Mestre de Compromisos", onde se fai mención ás distintas homenaxes que recibiu antes do seu falecemento e tamén se recolle unha imaxe do alumnado da primeira promoción de Filoloxía galego-portuguesa da que foi profesor.

A mostra chega a Carballo despois de pasar por Ferrol, cidade natal de Carvalho Calero, e A Coruña, e poderá visitarse ata o 1 de marzo.

Compartir: