Lingua

Lingua

Servizo de Normalización Lingüística 
[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 304 
Fax: 981 704 302 
nelvidal@carballo.gal

A utilización do galego como recurso turístico centra este ano o curso de verán da UDC Traballando en Lingua

O alcalde de Carballo e o reitor da Universidade da Coruña asinaron o convenio de colaboración para o desenvolvemento da actividade, que comezará mañá mércores no Fórum

Martes 16 de xullo do 2019

O alcalde e o reitor, na sinatura do convenio

O alcalde e o reitor, na sinatura do convenio

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, xunto co secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García; a coordinadora do Servizo de Normalización Lingüística da UDC, Marisol Ríos, e o director do curso, Xosé Manuel Sánchez, inaugurarán mañá mércores no Fórum Carballo o curso de verán de dinamización lingüística “Traballando en lingua no turismo”.

Esta décimo quinta edición do curso de verán, organizado pola UDC coa colaboración do Concello de Carballo, ten como obxectivo potenciar o uso da lingua no turismo, como un valor e un recurso que xere interese en ser coñecido e valorado polo turismo. As sesións constan de conferencias, mesas redondas e obradoiros prácticos en que se analizan o por que, como, onde e cando se deixa de utilizar o galego ao entrar en contacto con xente de fóra. Haberá turistas que se poidan decantar por Galicia por ter unha lingua propia? Esta e otras cuestións centrarán o programa do curso, a que se tratará de dar resposta. Alén disto, tamén se dedican sesións destinadas a reparar no éxito de produtos que só utilizan a lingua propia para se dar a coñecer.

O reitor e o alcalde de Carballo asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento deste curso de verán.

Descargas

Compartir: