Lingua

Lingua

Servizo de Normalización Lingüística 
[Casa do Concello]
Praza do Concello, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 100 (ext.2750)
881 983 865 / 626 125 495
email: snl@carballo.gal

Máis de cen vídeos inscritos na recta final de Youtubeir@s

O prazo de inscrición remata este venres 28

Mércores 26 de abril do 2017

Este venres 28 de abril é o último día para participar na primeira edición de Youtubeir@s - Concurso de vídeos na Rede. Esta iniciativa pretende fomentar a videocreación en galego na segunda rede social máis empregada do mundo, Youtube, a través de dúas categorías, vídeo-opinarmos e vídeo-facermos. Poden participar tódalas persoas maiores de 14 anos con vídeos de ata cinco minutos de duración. Hai 4.000€ en premios que se repartirán entre as persoas gañadoras nun acto de celebración o venres 26 de maio ás 20.00h no Teatro Principal de Ourense.

Neste momento xa se poden ver na canle de Youtube de Youtubeir@s todo tipo de vídeos. Na categoría de vídeo-facermos hai dende receitas de cociña ata vídeos sobre como quitar os puntos negros do nariz ou como facer pasta de dentes para elefantes. Na categoría de vídeo-opinarmos as persoas participantes falan de temas tan diversos como a praga da couza guatamalteca, o amor na rede ou o deporte adaptado, entre moitos outros. O xurado está composto polo profesor e experto en audiovisual Manolo González, pola poeta María Lado, polo sociolingüista Manuel N. Singala, pola comunicadora María Yáñez e polo creador Pablo Lamosa.

Todo o mundo pode ser youtubeir@ porque tod@s temos algo que contar. Baixo esta premisa e para fomentar o acceso á videocreación, o programa Youtubeir@s impulsou dende decembro a abril máis de 20 obradoiros por toda Galicia impartidos pola produtora creativa Illa Bufarda.

Youtubeir@s é unha iniciativa dos Servizos de Normalización Lingüística dos concellos da Baña, A Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove; e tamén das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. Toda a información sobre o Concurso en www.youtubeiras.gal

Ligazóns

Compartir: