Lingua

Lingua

Servizo de Normalización Lingüística 
[Casa do Concello]
Praza do Concello, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 100 (ext.2750)
881 983 865 / 626 125 495
email: snl@carballo.gal

Comezan os obradoiros de videocreación para youtubeir@s

Mañá martes celebraranse no IES Monte Neme e no Pazo da Cultura dúas das tres accións formativas previstas para xente interesada en facer e difundir vídeos na rede de opinións e titoriais en galego

Luns 27 de marzo do 2017

Coa finalidade de incentivar e facilitar a creación e difusión de vídeos en galego na rede con opinións e titoriais, o Concello de Carballo, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística e no marco do proxecto Youtubeir@s, organiza tres obradoiros de videocreación. Dous deles comezarán mañá mesmo, martes 28 de marzo, un pola mañá, ás 11:25 h no IES Monte Neme, reservado a alumnado do centro, e outro pola tarde, ás 18:30 h, no Telecentro do Pazo da Cultura, aberto ás persoas interesadas. O terceiro dos obradoiros terá lugar no IES Isidro Parga Pondal, tamén reservado para o seu alumnado, e comezará o mércores 5 de abril ás 13:00 h.

Cada un destes breves obradoiros prácticos terán unha duración de tres horas, repartidas en dúas sesións: unha primeira dunha hora, máis teórica, na que se traballarán consellos básicos para sacarlle o maior partido ás cámaras dos dispositivos móbiles e na que se aprenderá a guionizar para transmitir mellor os coñecementos. Na segunda sesión formativa, máis práctica e de dúas horas, aprenderase a editar e difundir os vídeos.

Youtubeir@s é unha iniciativa dos servizos de normalización lingüística (SNL) dos concellos da Baña, A Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove; e tamén das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. O proxecto ten tres piares fundamentais: a procura de youtubeiras e youtubeiros, a formación para quen queira selo, e un concurso para incentivar que se fagan vídeos de titoriais e opinións en galego na rede, con 4.000 euros en premios, e co prazo de inscrición aberto ata o 28 de abril.

Ligazóns

Compartir: