Lingua

Lingua

Servizo de Normalización Lingüística 
[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 304 
Fax: 981 704 302 
nelvidal@carballo.gal

Ver localización

Galeg@ para sempre

Galeg@ para sempre

O galego, lingua de uso maioritario nas relacións persoais en vida, tamén pode servir para sermos lembradas e lembrados despois da morte, para que, despois do noso pasamento, non quede borrado, invisibilizado, esquecido.

Deste xeito, o concello de Carballo promove a campaña Galeg@ para sempre, na que se implicaron, por un lado, as funerarias, por outro a parroquia e, por outro, persoas que a nivel individual piden seren lembradas en galego.

As funerarias do municipio e mais a parroquia comprométense a preguntarlles a familiares ou persoas achegadas, en cada caso, que lingua queren que se use na lápida, recordatorio, necrolóxica, flores, actos, etc., e garanten o uso do galego en caso de que esa sexa a opción elixida.

E as persoas que asinan a declaración Galeg@ para sempre recoñecen a lingua como factor principal da galeguidade e declaran que a lingua galega é a súa lingua propia, que se senten identificadas con ela e a que queren que se use para seren lembradas.

E é que só unha de cada mil lápidas, e só o 2% das necrolóxicas, se fan na nosa lingua. Na actualidade, a presenza do galego despois da morte é moito inferior que na vida. Quen visite un cemiterio do noso país podería pensar que a lingua galega non existe, pois alí a súa presenza é practicamente nula. 

Deste xeito, cómpre dar pasos para que, tamén despois da morte, o maior patrimonio común de todas as galegas e galegos, teña presenza, sexa visible, exista. Dar pasos para que, quen en vida usou o galego, sexa lembrado/a nesta lingua. Dar pasos para podermos ser galeg@s para sempre.

Descargas

Compartir: