Lingua

Lingua

Servizo de Normalización Lingüística 
[Casa do Concello]
Praza do Concello, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 100 (ext.2750)
881 983 865 / 626 125 495
email: snl@carballo.gal

Ver localización

Club de Debate

Club de Debate

En Carballo tamén queremos incentivar o falar en público, a oratoria, o uso do galego oral ou o pensamento crítico na mocidade, para o que, en colaboración con outros concellos, desde o ano 2011 puxemos en marcha o Club de Debate.

Neste proxecto participan equipos de rapazas e rapaces de 3.º e 4.º de ESO e 1.º de Bacharelato que, ao longo do curso, teñen que preparar varios temas sobre os que debaten con equipos doutros centros do país, tanto poñéndose a favor deles como en contra.

  • “Todas e todos somos iguais ante a lei”
  • “Herdamos o galego e debemos transmitilo”
  • “As novas tecnoloxías melloran as relacións sociais”
  • “Vivimos nun sistema corrupto”
  • “Nós, á nosa idade, o que temos que facer é estudar e pasalo ben”
  • “O galego é unha oportunidade”
..., son algúns dos temas sobre os que foron debatendo as e os participantes nesta actividade.

Ligazóns

Descargas

Compartir: