Lingua

Lingua

Servizo de Normalización Lingüística 
[Casa do Concello]
Praza do Concello, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 100 (ext.2750)
881 983 865 / 626 125 495
email: snl@carballo.gal

"O pequeno circo das mans", cos Ratos de Lonxedetodo

Mércores 1 de marzo do 2023 17.00 e 18.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa

Os Ratos de Lonxedetodo están de volta en Carballo! E esta semana preséntannos o espectáculo O pequeno circo das mans.

Os famosos e queridos ratiños de TrinkeTrinke Teatro convidarán aos nenos e nenas a percorrer as nosas tradicións, a respectar a diversidade, a loitar contra o cambio climático, a afrontar e resolver os problemas, a interesarse pola ciencia, a descubrir o grande que é o mundo e a aprender dos maiores, e todo iso a través dunha serie de espectáculos teatrais e musicais dos que, sen dúbida, a cativada desfrutará coma sempre.

Os espectáculos van destinados a nenos e nenas de 4 ao 8 anos. Como xa vén sendo habitual, haberá dúas funcións cada mércores: unha ás 17.00 e outra ás 18.30 horas. Os convites poderán reservarse dende unha semana antes chamando ao 981758580.

Compartir: