Carballo Emprende concíbese coma un
punto de encontro para a emprendeduría e o mundo empresarial, para persoas con inquedanzas polo autoemprego, o cooperativismo ou outras oportunidades de negocio na comarca que buscan a forma de poñer en práctica as súas ideas ou dinamizar as súas empresas.
Esta iniciativa pretende ser un compromiso cos emprendedores e emprendedoras, un colectivo que
garante o futuro económico e que contribúe a xerar postos de traballo. Carballo Emprende tamén ten un marcado carácter divulgativo, sen esquecer o seu obxectivo de crear sinerxías que favorezan os encontros entre emprendedores e mesmo empresas xa consolidadas.
Así, por un lado están os
debates, ciclo de charlas orientativas, e actividades de divulgación e asesoramento. Neste sentido, trátase de contar coa presenza de recoñecidos expertos, representantes de distintas institucións e entidades relacionadas co mundo da emprendeduría e consolidación e dinamización empresarial.
Por outro lado, están os
Premios Carballo Emprende, que teñen por obxectivo o fomento da cultura emprendedora e o recoñecemento de proxectos e programas emprendedores.
Documentos descargables
- Programa Carballo Emprende 2009
(pdf, 548,65 KB)
- Bases do II Premio Carballo Emprende 2009
(pdf, 118,83 KB)
- Programa Carballo Emprende 2008
(pdf, 134,83 KB)
- Bases do III Premio Carballo Emprende de Fomento da Emprendeduría
(pdf, 33,98 KB)
- Bases do III Premio Carballo Emprende a Ideas Empresariais
(pdf, 37,05 KB)
- Programa Carballo Emprende 2010
(pdf, 110,1 KB)
- Programa Carballo Emprende 2011
(pdf, 1,4 MB)
- Bases do IV Premio Carballo Emprende de Fomento da Emprendeduría
(pdf, 45,91 KB)
- Bases do IV Premio Carballo Emprende a Ideas Empresariais
(pdf, 53,18 KB)