Carballo dispón dun forte tecido industrial. Sobresaen neste eido empresas relacionadas con sectores como o plástico, o automobilismo, o metal ou a maquinaria agrícola. Moitas delas aséntanse no Polígono Industrial de Bértoa, situado no extremo norte da cidade. Esta área está dotada de importantes
conexións viarias cara aos principais lugares de interese empresarial.
Na actualidade, e atendendo á importante demanda de novo solo industrial, están a construírse dúas novas fases do Polígono. A superficie dispoñible incrementarase en 1.272.489 metros cadrados, ata chegar a un parque empresarial que roldará os 2.000.000 de metros cadrados. Nel habilitaranse todos os servizos para desenvolver unha
infraestrutura moderna e adaptada ás necesidades das empresas que alí se asenten: auga, electricidade, cabo de telecomunicacións, saneamento, seguridade, recollida de lixo ou gas natural. No Polígono aséntanse ademais a delegación de Protección Civil da zona e o Parque de Bombeiros de Bergantiños.
O goberno municipal aspira a fortalecer a infraestrutura industrial de Carballo facilitando o asentamento de novas empresas no municipio. Ao tempo, dende o Concello foméntase un crecemento racional da área de Bértoa, que favoreza ás industrias e aos seus usuarios.
Os máis de 40.000 metros cadrados de
zona verde de uso público e a próxima construción dunha
área residencial de 440 vivendas unifamiliares supoñen un atractivo engadido para este Polígono.
Normativa urbanística do proxecto sectorial
Dilixencia e índice da normativa
Normas xerais
Normas xerais: definicións
Normas xerais: condicións de uso I
Normas xerais: condicións de uso II
Normas comúns de edificación
Normas particulares de edificación I
Normas particulares de edificación II
Normas de urbanización
Condicións de urbanización
Condicións ambientais e de hixiene: emisións á atmosfera
Condicións ambientais e de hixiene: augas residuais
Condicións ambientais e de hixiene: emisións acústicas
Condicións de composición arquitectónica
Condicións técnicas das obras en relación cos viais e servivos públicos
Normas de parcelación
Outras razóns para investir en Carballo
Situación xeográfica privilexiada:
- En pleno centro neurálxico da provincia da Coruña.
- A poucos minutos de dúas das cidades más importantes de Galicia, como son A Coruña e Santiago de Compostela, coas súas respectivas universidades.
- Preto de dous aeropuertos internacionais a unha distancia de menos dunha hora.
- A 15 minutos do novo porto exterior da Coruña.
Municipio en expansión:
- Núcleo urbano en crecemento.
- Zona de gran aumento demográfico.
- Carballo está provista de todos os servizos.
- Prezos competitivos en vivenda.
- Numerosa man de obra cualificada na zona.
Parque empresarial en ampliación:
- Parque actual con máis de 518.000 m2.
- Máis de 150 empresas xa instaladas.
- Finalizada a primeira fase de ampliación, de máis de 718.000 m2.
- Segunda fase de ampliación de máis de 443.000 m2.
- Zona de Dinamización Empresarial, cun Viveiro de Empresas e un Centro de Promoción Económica.
Máis información, no teléfono 981 757 693
Ligazóns relacionadas