O Centro de Promoción Económica de Carballo (CPEC) nace cun obxectivo principal: a dinamización do territorio municipal e dos seus diferentes sectores de actividade. Persegue, pois, converterse nun referente para a actividade empresarial, tanto no apoio á
consolidación das empresas asentadas no noso municipio, como no
fomento da emprendeduría.
Así, o CPEC desenvolverá as políticas de promoción económica, tales como atraer para Carballo actividades económicas de valor engadido e xeradoras de emprego de calidade, fomento dunha nova cultura emprendedora, incremento da capacitación profesional do empresariado ou a dinamización da actividade comercial e feiral do concello.
Do mesmo xeito, o CPEC artellaranse baixo principios da
planificación estratéxica, o que require integrar as liñas puntuais de actuación en programas máis estruturados; mais tamén integralas nun modelo de crecemento cuxos obxectivos e restricións estean claramente definidos.
Así, os criterios de partida serán os dun modelo de
crecemento sostible, tendo como obxectivo salvar as eivas e ameazas da realidade socioeconómica municipal e aproveitando as fortalezas e oportunidades que esta presenta; incidindo, pois, nos factores clave que configuran esa realidade desde un compromiso de colaboración entre as administracións públicas e o sector privado. Para iso partirase dun modelo baseado en catro piares:
Concienciar, Capacitar, Coordinar e Construír.
Dirección:
Rúa Bronce, Esquina Rúa Cobre
Polígono industrial de Bértoa, s/n
CP. 15.105 - Carballo
Teléfono: 981 757 693