Actualidade de Inviste en Carballo

OS DÍAS 10, 11, 12 E 17, 18 E 19 DE MAIO

Un total de 19 establecementos participan en "Carballo por etapas" para promocionar a hostalería e a gastronomía local

Un total de 19 establecementos participan en "Carballo por etapas" para promocionar a hostalería e a gastronomía local

A Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (Axober), coa colaboración do Concello de Carballo, pon en marcha "Carballo por etapas", unha cita organizada dende o sector da hostalería que pretende ampliar as liñas dinamizadoras do sector empresarial a outros sectores como o do turismo e o dos produtos autóctonos como a horta, o mar e o pan, promocionando Carballo e a súa comarca e dando a coñecer a súa variedade gastronómica e cultural. A cita consiste na elaboración e comercialización para a súa degustación durante dúas fins de semana de menús especiais con produtos orixinarios da zona servidos en forma de tapa. Nos distintos locais tamén se ofrecerá o mesmo produto en forma de menú. Cada establecemento participante, cun total de 19 inscritos, poderá elaborar con total liberdade e creatividade a súa propia receita. Cada tapa terá un custo dun euro e o menú de 18 euros. A fin de semana do venres 10,11 e 12 de maio o evento está dedicado á comarca coas Xornadas do Atún Calvo e produtos da horta. A fin de semana do 17, 18 e 19 de maio realízase unha homenaxe á festividade das Letras Galegas con Cociña Pondaliana. Os horarios son de 12.00 a 14.00 e de 20.00 a 22.00 horas, agás o 10 de maio en que é só de 20.00 a 22.00 horas.

Ler

A campaña "Presume de praceiro/a" repartiu os últimos 150 euros en vales de compra entre tres clientes do mercado

Carballo prepara no Fórum as primeiras xornadas dedicadas integramente á formación profesional e á empresa

Ver todas

Actualidade de Atención Cidadá

O goberno presenta unha proposta para aforrar preto de 150.000 euros ano ano no subministro e mantemento do alumeado público

08/05/2013 O goberno presenta unha proposta para aforrar preto de 150.000 euros ano ano no subministro e mantemento do alumeado público

A Casa do Concello acolleu unha xuntanza dos voceiros de todos os grupos políticos municipais na que se expuxo un Proxecto de Servizos Enerxéticos do Alumeado Público Exterior do Concello de Carballo no que se estuda sacar unha concesión para o servizo de mantemento do alumeado público do municipio. Neste proxecto recóllense os datos dunha auditoría enerxética na que se plasma a situación actual do alumeado e se propoñen as medidas que deberían tomarse no futuro para que o Concello puidese aforrar preto de 150.000 euros ao ano na factura de subministro enerxético, mantemento, conservación e reposición das instalacións de alumeado. O gasto anual total previsto para o ano 2013 estímase en 979.867,78 euros (IVE incluído) dos que 646.999,95 serían de enerxía eléctrica; 284.118,68 de mantemento; e 48.750 euros de reposicións. O estudo propón varias medidas para reducir este custo, como serían a substitución de todas as luminarias convencionais por luminarias LED reguladas; adaptar as luminarias máis recentes ao sistema LED Retrofit; cumprir coa normativa de alumeado de estradas; realizar un proxecto de legalización de eficiencia e etiqueta enerxética e situar un sistema de información xeográfica. Segundo conclúe o estudo, tan só a instalación da nova tecnoloxía LED, con redución punto a punto, implicaría un aforro superior a un 80 por cento, o que permitiría reducir o gasto anual durante a vixencia do contrato a menos de 830.000 euros.


Axenda de Atención Cidadá

20/05/2013 Presentación do Torneo Internacional Catro Nacións de Balonmán Femininoicon

20/05/2013 Sesión ordinaria da Xunta de Goberno Localicon

Ver todas

Actualidade de Vive en Carballo

O programa Venres Culturais remata coas actuacións teatrais de Coro Vagalume e a música de Aires de Bergantiños

16/05/2013 O programa Venres Culturais remata coas actuacións teatrais de Coro Vagalume e a música de Aires de Bergantiños

Co remate do mes de maio pecha tamén a programación dos Venres Culturais, que tamén completa as celebracións do Día das Letras. Teatro e música mestúranse nunha oferta que comeza coas propostas da Asociación Cultural Coro Vagalume. A primeira delas é "Monster vs. Addams", unha arrepiante e divertidísima obra que enfronta a dúas das familias máis coñecidas do mundo do cómic de terror: a familia Monster e a familia Addams. O carácter dispar de ambas e unha serie de malentendidos desencadearán unha tras outra cómicas escenas que farán rir ao público e pasalo fantasticamente. Este espectáculo está protagonizado polo grupo de teatro xuvenil da AC Coro Vagalume, que conta cunha longa traxectoria no teatro afeccionado. A duración prevista do espectáculo é de 50 minutos e a entrada é de balde, aínda que precisa de invitación previa. Para conseguila, poñerse en contacto con AC Coro Vagalume. A cita é no auditorio do Pazo da Cultura o sábado 18 a partir das 20.00 horas. O mesmo día e no mesmo lugar, pero ás 21.30 horas é a quenda do recen creado grupo de teatro para adultos da mesma asociación, neste caso co seu primeiro espectáculo: "Engominados". Un amor rebelde e imposible é o eixe desta historia que acontece na Norteamérica dos anos 50, onde as bandas marcan cada unha o seu estilo.


Axenda de Vive en Carballo

15/05/2013 A exposición "Sensacións" da pintora Novais: até o 9 de xuño no andar -1 do Pazo da Culturaicon

Ver todas

Buscador:


Propoñemos

Carballo por Etapas 2013 Bolsa de Traballo Municipal Normativa do Proxecto Sectorial do Parque Empresarial de Bértoa Fórum 2.0 Inviste en Carballo Concurso adxudicación parcelas parque empresarial de Bértoa Feiróns de Tempada Comunidade de Propietarios do Polígono de Bértoa Carballo Limpo Cidade do Eixo Atlántico

© Concello de Carballo, 2009