Actualidade

EN NOVE PARROQUIAS DO CONCELLO

Un total de 36 novos lugares do municipio contan xa con infraestrutura de telefonía e banda ampla móbil 3G

Un total de 36 novos lugares do municipio contan xa con infraestrutura de telefonía e banda ampla móbil 3G

13/04/2012 A empresa Telefónica-Movistar informa de que vén de poñerse en servizo unha nova infraestrutura de telefonía e banda ampla móbil 3G no Concello de Carballo que dará cobertura, de forma adicional ás que xa están en funcionamento, aos núcleos de poboación de Altiboa, Barreiro, Bas, Bouzas, Castro, Ceide, Chacin, Constenla, Fraga, Garrida, Goiáns de Arriba, Igrexa, Longras, Loureiro, Maroas, Noví, Oza da Estrada, Pallas, Pedra Furada, Picho, Picoto, Piñeiro, Pontenova, Ramil, Reboredo, Regueira de Abaixo, Regueira de Arriba, Saíñas, San Mamede, Telleira, Torre, Troián de Arriba, Troián do Medio, Vilanova, Vilardefrancos e Vivente (parroquias de Ardaña, Goiáns, Sofán, Sísamo, Berdillo, Artes, Noicela, Rus e Oza). Esta actuación foi realizada por Telefónica-Movistar dentro do Plan de Banda Ampla 2010-2013 da Xunta de Galicia e ofrece acceso inmediato a un amplo conxunto de servizos de Internet, ademais de servir para acometer a modernización empresarial dos negocios da zona e mellorar as súas plataformas tecnolóxicas. Os interesados e interesadas en contratar a conexión, poden facelo en calquera punto de venda de Telefónica-Movistar de Carballo onde poderán obter información polo miúdo sobre a conexión e resolver calquera dúbida que poidan ter.

O Plan de Banda Ampla de Galicia 2010-2013 busca posibilitar o acceso á banda ampla como un dos motores principais para o desenvolvemento. Para poder aportar o máximo valor, a visión de que se dispón é desenvolver e estender as novas tecnoloxías e infraestruturas de telecomunicacións de banda ampla aos cidadáns, organismos públicos e tecido empresarial de Galicia, con especial foco naquelas zonas máis desfavorecidas ou desatendidas:

- reducindo o desequilibrio territorial na cidadanía, contribuíndo á súa integración na sociedade da información.
- impulsando o sector empresarial mediante o uso das novas tecnoloxías de banda ampla como xeradoras de competitividade e innovación.
- incentivando a participación dos distintos axentes implicados.
- impulsando a modernización dos servizos públicos mediante a utilización das novas infraestruturas de banda ampla.
- motivando a coordinación dos distintos organismos públicos para a unificación de esforzos e maximizar o seu impacto.

Volver

© Concello de Carballo, 2009