23/04/2010 O Concello de Carballo, a través da Concellaría de Promoción Económica que dirixe Xosé Manuel García Guillín, convoca a terceira edición dos Premios Carballo Emprende, que, neste caso, teñen por obxectivo promover a cultura emprendedora no ámbito educativo e apoiar os programas formativos para o fomento da emprendeduría, así como impulsar a creación de novos proxectos empresariais e a aparición de novas actividades económicas. Estes galardóns divídense en dúas categorías: o III Premio de Programas de Fomento da Emprendeduría, dirixido a centros educativos e entidades sen ánimo de lucro; e o III Premio de Ideas Empresariais, para emprendedores ou empresas de nova creación. As solicitudes para participar poden entregarse no Rexistro do Concello entre o 22 de abril e o 10 de maio ata as 13.00 horas. As bases do premio e o impreso de inscrición poden descargarse nesta mesma nova, ademais de poder solicitarse no propio Rexistro do Concello e no Viveiro de Empresas situado no polígono de Bértoa.
O III Premio de Programas de Fomento da Emprendeduría ten os obxectivos específicos de promover a cultura emprendedora no ámbito educativo; impulsar a creación de proxectos empresariais; e apoiar os programas formativos que teñan como principal obxectivo o fomento da emprendeduría. Poderán participar nesta categoría os centros educativos e entidades sen ánimo de lucro que programen actividades ou accións encamiñadas á consecución destes obxectivos. Todos os programas presentados deberán desenvolverse nos municipios das comarcas de Soneira, Fisterra e Bergantiños. Para valorar as candidaturas teranse especialmente en conta os seguintes criterios: o número de persoas beneficiarias do programa; o contido do programa e a súa vinculación coa realidade económica e social dos municipios incluídos na convocatoria; o carácter innovador do programa.Buscador:
© Concello de Carballo, 2009