Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Proceso selectivo para a contratación de...

Proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais e de tres operarios de motobomba

11/07/2023

O Concello de Carballo fai pública a convocatoria e as bases reguladoras do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais, e de tres operarios de motobomba. (2023/E001/000017). 

O prazo de presentación de solicitudes será de 5 días hábiles a contar desde o día seguinte a publicación do anuncio no BOP da Coruña, é dicir, do 17 ao 21 de xullo, ámbolos dous incluídos.

24/07/2023

Rematado o prazo regulamentario para a presentación de instancias e logo de examinar as solicitudes presentadas xunto coa documentación que as acompaña e non existindo aspirantes excluídos con causa de exclusión emendable, procédese á publicación de:

  • Listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para a contratación con carácter laboral temporal dun xefe de brigada, un peón condutor e tres peóns para a Brigada de prevención e defensa contra incendios forestais, así como, de tres operarios de motobomba.
  • Designación do tribunal cualificador e asesores.
Convócase a todos os membros do tribunal para a valoración de méritos da fase de concurso que terá lugar o mércores 26 de xullo do 2023, ás 10:00 horas, na Sala de Xuntas do Concello de Carballo.

Convócase aos aspirantes admitidos/as que non teñan acreditado estar en posesión do nivel de coñecemento requirido (CELGA 2 / CELGA 3) para a celebración do exercicio da fase de oposición, exercicio de avaliación do coñecemento da lingua galega,que terá lugar o mércores 26 de xullo do 2023, ás 13:00 horas, na Sala de Xuntas do Concello de Carballo.

Convócase aos aspirantes admitidos/as para a celebración do exercicio da fase de oposición, proba física de esforzo, que terá lugar o xoves 27 de xullo de 2023, ás 10:00 horas, no Pavillón Vila de Noia situado na Rúa Vila de Noia, S/N de Carballo.

26/07/2023

Baremación de méritos. Establécese como prazo máximo para a presentación de alegacións a esta baremación o xoves, 27 de xullo de 2023, ás 12,00 horas

Descargas

Compartir: