Proceso selectivo para a provisión temporal, en réxime de comisión de servizos, dun posto de arquiveiro/a
O Concello de Carballo fai públicas as bases que rexerán o procedemento e a convocatoria pública, aberta a persoal doutras administracións públicas, para a provisión temporal mediante nomeamento en comisión de servizos de carácter voluntario dun posto de arquiveiro/a.
Publicación Bases. BOP núm. 101 de 30/05/2023.
O prazo de presentación de solicitudes será de 5 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación do anuncio no BOP da Coruña. Polo tanto, o prazo de presentación de instancias rematará o día 06/06/2023, incluído.