Convocatoria de praza de docente para a acción formativa "Soldadura oxigás e soldadura MIG/MAG"
O Concello de Carballo convoca unha praza de docente para impartir a especialidade de Soldadura oxigás e soldadura MIG/MAG, correspondente ao plan formativo para o emprego da comunidade autónoma de Galicia para o período 2022-2023 (2ª convocatoria).
O prazo de presentación de instancias é de 5 días hábiles a contar dende o seguinte a esta publicación, é dicir, do 10 ao 16 de marzo de 2023, ámbolos dous incluídos.
Tanto as bases coma a publicación da convocatoria do BOP están dispoñibles tamén na sede electrónica do Concello de Carballo.
Con data 15 de marzo faise pública unha corrección de erro detectado no decreto núm. 605/202 de 03/03/2023.
O 23 de marzo publícase a listaxe definitiva de admitidos e excluídos, xunto coa data da valoración de méritos, que se realizará o 28 de marzo, ás 10.00 horas, na sala de xuntas do Concello de Carballo.