Proceso selectivo de funcionario/a interino/a para a tramitación da oferta de emprego público 2022
O Concello de Carballo convoca o proceso selectivo para a provisión temporal dun posto de funcionario/a interino/a do grupo A, subgrupo A2, para a execución do programa de tramitación de oferta de emprego público 2022.
O prazo de solicitude será de 7 días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP), é dicir, dende o 28 de febreiro ata o 8 de marzo, ámbolos dous incluídos.
Convocar aos aspirantes admitidos/as para a celebración do primeiro exercicio da fase de oposición, que terá lugar o venres día 17 de marzo de 2023, as 09:30 horas, no salón de plenos da casa do concello, sito na Praza do Concello, S/N, Carballo.
Con data 17 de marzo fanse públicos os resultados provisionais do primeiro exercicio da fase de oposición, xunto co contido do exame realizado polas persoas aspirantes.
O 23 de marzo fanse públicos os resultados definitivos do primeiro exercicio e convócase ás persoas aspirantes que o superaron para o segundo, que se celebrará o luns 27, ás 12:00 horas, no salón de plenos do Concello de Carballo.
O 29 de marzo fanse públicos os resultados provisionais do segundo exercicio.
O 10 de abril publícanse os resultados definitivos do segundo exercicio e a data para a apertura de sobres.
O 11 de abril fanse públicos os resultados definitivos do proceso selectivo.
Descargas
- BASES DA CONVOCATORIA
- CONVOCATORIA (BOP 27/02/2023)
- MODELO DE SOLICITUDE
- LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS
- CONVOCATORIA PRIMEIRO EXERCICIO DA FASE DE OPOSICIÓN
- RESULTADOS PROVISIONAIS DO PRIMEIRO EXERCICIO DA FASE DE OPOSICIÓN
- CONTIDO DO EXERCICIO
- RESULTADOS DEFINITIVOS DO PRIMEIRO EXERCICIO
- RESULTADOS PROVISIONAIS DO SEGUNDO EXERCICIO
- RESULTADOS DEFINITIVOS DO SEGUNDO EXERCICIO E DATA PARA A APERTURA DE SOBRES
- RESULTADOS FINAIS DO PROCESO SELECTIVO