Convocatoria de praza de docente para a acción formativa "Montaxe de mobles e elementos de carpintaría"
O Concello de Carballo convoca unha praza de docente para impartir a acción formativa "Montaxe de mobles e elementos de carpintaría". No apartado de documentos pode descargarse a seguinte información:
- Bases e convocatoria para a provisión, en réxime de duración determinada mediante un contrato para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral, dunha praza de docente para impartir a acción formativa "Montaxe de mobles e elementos de carpintaría", correspondente ao Plan formativo para o emprego da Comunidade Autónoma de Galicia
- Modelo de solicitude
11 de xaneiro de 2023. Publicación da listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as. As persoas interesadas dispoñen de 5 días hábiles para subsanacións.
16 de xaneiro de 2023. Publicación da listaxe definitiva e composicón do tribunal. Convócase aos aspirantes admitidos/as para a celebración do primeiro exercicio da fase de oposición que terá lugar o martes 17/01/2023 as 11:00 horas no salón de plenos do concello de Carballo.
17 de xaneiro de 2023. Publicación das puntuacións da fase de concurso e convocatoria para a fase de oposición o mesmo día ás 11.00 horas no salón de plenos. Publicación das puntuacións da fase de oposición e final.