Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Bases e convocatoria para a selección do...

Bases e convocatoria para a selección do persoal directivo, docente e de apoio do obradoiro dual de emprego “Fórum dual”. Concurso-oposición

O Concello de Carballo pon en marcha o procedemento de selección e contratación de persoal docente para o obradoiro dual de emprego Fórum dual, financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. As prazas son as seguintes: 

  • 1 director/a (xornada completa)
  • 1 mestre da especialidade de Cociña (xornada completa)
  • 1 mestre da especialidade Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais-rama sanitaria (media xornada)
  • 1 mestre da especialidade Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais-rama psicososcial (media xornada)
  • 1 mestre/a titor/a para a impartición dos módulos de Educación básica, Orientación e información profesional, formación empresarial e asesoramento e os módulos de formación complementaria (media xornada)
  • 1 auxiliar administrativo/a (media xornada)

O prazo de presentación de instanciás será de 5 días hábiles, desde o 13 ata o 19 de setembro, ámbolos dous incluídos.

Con data 22 de setembro de 2022 faise pública a listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as, e no seu caso, listaxe definitiva, nomeamento do tribunal cualificador, data e lugar de celebración da fase de oposición e da fase de concurso do proceso de selección do persoal directivo, docente e de apoio do obradoiro dual de emprego Fórum dual.

28 de setembro de 2022: fanse públicas as puntuacións da fase de concurso.

29 de setembro de 2022. Resolución de alegacións e modificación da composición do tribunal.

Descargas

Compartir: