Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Proceso de selección de profesores/as de...

Proceso de selección de profesores/as de Linguaxe musical e Acordeón para o Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo

O Concello de Carballo fai públicas as bases da convocatoria das seguintes prazas docentes para o Conservatorio Profesional de Música (CMUS):

  • Profesor/a de Pedagoxía/Linguaxe musical
  • Profesor/a de Acordeón
O prazo de presentación de instancias para as persoas interesadas estará aberto durante cinco días hábiles a partir da publicación dos anuncios correspondentes no Boletín Oficial da Provincia (BOP), é dicir, do 12 ao 16 de setembro (incluídos).

O 20 de novembro faise pública a listaxe de admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo de docente de Pedagoxía/Linguaxe musical. Prazo de subsanación, do 21 ao 23 de setembro.

28 de setembro: publicación das listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as nos procesos selectivos de profesores de Acordeón e Pedagoxía/Linguaxe musical.

LINGUAXE MUSICAL
Convócase ás persoas aspirantes admitidas para a celebración do exercicio da fase de oposición, que terá lugar o xoves 29/09/2022, ás 09:45 horas, no Pazo da Cultura (rúa do Pan, s/n).

ACORDEÓN
Convócase ás persoas aspirantes admitidas para a celebración do exercicio da fase de oposición, que terá lugar o venres 30/09/2022, ás 10:00 horas, no Pazo da Cultura (rúa do Pan, s/n).

Descargas

Compartir: