Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Proceso selectivo para a contratación de...

Proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais e de tres operarios de motobomba

O Concello de Carballo fai públicas a convocatoria e as bases reguladoras do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestáis e de tres operarios de motobomba. 

As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes a partir da publicación do anuncio correspondente no Boletín Oficial da Provincia (BOP). O PRAZO SERÁ DE 5 DIAS HABILES CONTADOS DENDE O DÍA SEGUINTE Á PUBLICACIÓN DO ANUNCIO, é dicir, do 21 ao 28 de xullo.

Con data 5 de agosto de 2022 fanse públicas a aprobación da listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as, así coma a composición do tribunal e as datas do proceso selectivo:

  • Valoración de méritos da fase de concurso: martes 9 de agosto de 2022, ás 09:30 horas, na Sala de Xuntas do Concello de Carballo.
  • Fase de oposición (proba física de esforzo): mércores 10 de agosto de 2022, á10:00 horas, no pavillón Vila de Noia. 
Con data 9 de agosto faise pública a relación de méritos dos/as aspirantes.

Con data 10 de agosto fanse públicos os seguintes documentos:
  • Relación por categoría e puntuación das persoas que superaron a fase de oposición
  • Relación de persoas propostas para a contratación
  • Listaxe de reserva

Descargas

Compartir: