Incentivos á contratación temporal por conta allea do alumnado traballador do obradoiro dual de emprego "Carballo Coida"
O Concello de Carballo fai públicas as bases para a convocatoria de axudas a través de incentivos á contratación temporal por conta allea do alumnado traballador do Obradoiro Dual de Emprego Carballo Coida na especialidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes
en institucións sociais.
As contratacións temporais incentivaranse cunha subvención fixa de 1.500,00 € por cada traballador/a, correspondente a un contrato mínimo de 3 meses a xornada completa e terán que formalizarse, con carácter xeral entre o 29 de xullo e o 19 de agosto de 2022.
O número máximo de contratos a incentivar con cargo á presente convocatoria será de 11.
Os beneficios establecidos á contratación nesta convocatoria serán incompatibles con outros que, polos mesmos conceptos, poidan outorgar as administracións públicas como medida de fomento do emprego. Con todo, serán compatibles, no seu caso, coas bonificacións ou reducións de cotizacións á Seguridade Social.
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase a partir da publicación do extracto da convocatoria e rematará o día 22 de xullo de 2022. As solicitudes de axudas dirixiranse ao/á alcalde do Concello de Carballo e presentaranse, obrigatoriamente, na súa Sede Electrónica.
Toda a información e os anexos correspondentes poden descargarse máis abaixo.