Convocatoria para a contratación de cinco socorristas para as praias
O obxecto desta convocatoria é a contratación laboral de duración determinada por circunstancias da produción de 5 socorristas acuáticos para a Unidade de Salvamento e Socorrismo Acuático que prestará o servizo nas praias do Concello de Carballo.
Os/as interesados/as poden presentar as instancias nun prazo de cinco días naturais, que se iniciará o día seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria e destas bases no Boletín Oficial da Provincia, é dicir, do 11 ao 15 de xuño, ámbolos dous incluídos.
Con data 21 de xuño convócase aos aspirantes admitidos/as para a celebración de todos os exercicios da fase de oposición, que terá lugar o mesmo mércores 22 de xuño de 2022 ás 09:30 horas. Poderán acceder a piscina ás 09.00 h. para quentar.
O 22 de xuño fanse públicas as puntuacións finais.