Proceso selectivo para a contratación de 32 socorristas para a temporada de praias
O Concello de Carballo convoca, mediante o sistema de concurso oposición libre, 32 prazas de socorrista para a temporada de praias.
As bases poden consultarse no taboleiro de anuncios da Casa do Concello e no documento anexo. O prazo de presentación de instancias será de 10 días naturais contados a partir do seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP), dende o martes 10 ata o xoves 19 de maio de 2022.
Con data 23 de maio de 2022 fanse públicos o nomeamento do órgano de selección, a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as e as datas para a valoración de méritos na fase de concurso e a celebración dos exercicios da fase de oposición:
- Convocados todos os membros do tribunal para a valoración de méritos na fase de concurso, que terá lugar o xoves 26 de maio de 2022 ás 10:00 horas na Base de Protección Civil situada na Avda. do Ambulatorio, s/n, de Carballo.
- Convocados os aspirantes admitidos/as para a celebración de todos os exercicios da fase de oposición, que terá lugar o venres 27 de maio de 2021.
- Probas de aptitude física, ás 09:00 h. na Piscina Carballo Calero. Os aspirantes poderán acceder a piscina as 08.30 h. para quentar
O 30 de maio publícanse as puntuacións finais.
Descargas
- BASES DA CONVOCATORIA
- PUBLICACIÓN DAS BASES NO BOP (9 maio 2022)
- MODELO DE INSTANCIA
- Nomeamento do órgano de selección, a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as e as datas para a valoración de méritos na fase de concurso e a celebración dos exercicios da fase de oposición
- Puntuacións da fase de concurso
- Puntuacións finais