Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Provisión temporal de dous postos de...

Provisión temporal de dous postos de Policía Local mediante comisión de servizos

O Concello de Carballo convoca dúas prazas de Policía Local para a súa provisión temporal mediante comisión de servizos. O prazo de presentación de solicitudes será de 5 días hábiles, dende o 28 de abril ata o 4 de maio. O impreso pode descargarse máis abaixo.

Os criterios de valoración serán os recollidos no Anexo III da Orde do 28/01/2009 pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna e mobilidade nos corpos de policías locais (DOG núm. 22, do 2/02/2009).

Os aspirantes achegarán, xunto coas solicitudes de admisión ao proceso selectivo, unha relación de méritos, segundo o Anexo III da dita Orde do 28/01/2009, así como a documentación acreditativa daqueles, aos efectos da súa avaliación.

Descargas

Compartir: