Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Axudas de estudos para o alumnado de 2º...

Axudas de estudos para o alumnado de 2º ciclo de educación infantil e do CMUS. Prazo aberto do 12 de abril ao 12 de maio

Co obxecto de axudar ás familias cunhas condicións socioeconómicas máis desfavorables a afrontar os gastos derivados da escolarización dos seus fillos e fillas, o Concello de Carballo convoca as axudas de estudos para alumnado de 2º ciclo de educación infantil e de Conservatorio Profesional de Música de Carballo.

REQUISITOS

  • É requisito indispensable que o beneficiario e, cando menos, un dos proxenitores estea empadroado no termo municipal de Carballo.
  • Poderán optar a unha axuda aqueles/as solicitantes cuns ingresos familiares anuais que non excedan as cantidades que se recollen na táboa anexa segundo o número de membros computables da familia.
Os ingresos calcularanse por agregación das rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF). Os membros que presentasen Declaración do IRPF de 2020, sumarán os recadros 435 (base impoñible xeral) e a 460 (base impoñible do aforro), cando non se presentase teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola AEAT.

LUGAR E PRAZO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Prazo aberto do 12 de abril ao 12 de maio.

A través da sede electrónica https://sede.carballo.gal/
Con cita previa chamando a:

  • Rexistro Xeral do Concello de Carballo 981 704 100
  • Rexistro auxiliar de Cultura 981 704 300
  • Rexistro auxiliar Servizos Sociais 981 704 706
  • Rexistro auxiliar Deportes 981 702 109
  • Rexistro auxiliar Fórum 981 709 010

INFORMACIÓN E CONSULTA DE DÚBIDAS

  • No enderezo electrónico culturacarballo@carballo.gal
  • De luns a venres de 11.00 a 12.30 h de forma presencial no Pazo da Cultura ou telefonicamente nese mesmo horario no 981 704 300.

DOCUMENTACIÓN BÁSICA QUE SE PRECISA

  • Modelo normalizado de solicitude con todos os epígrafes cubertos e asinados
  • Copia do libro de familia ou Certificado Literal de Nacemento
  • DNI ou NIF provisional do beneficiario
  • Xustificante de titularidade onde constará o nº de conta (co IBAN) a nome do beneficiario/a ou solicitante da axuda
  • No caso de separación ou divorcio, deberán achegar sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a beneficiario/a.

IMPRESO SOLICITUDE DE PRESENTACIÓN E BASES

Poden recollerese no Pazo da Cultura ou descargarse máis abaixo.

Descargas

Compartir: