Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Convocatoria de subvencións ás...

Convocatoria de subvencións ás asociacións culturais para a realización do programa de actividade dos anos 2020-2021

O Concello de Carballo convoca unha liña de subvencións para contribuír á promoción da cultura e do tecido asociativo de carácter cultural e á potenciación do seu papel no desenvolvemento cultural e na dinamización do territorio, así como favorecer o acceso á cultura dos cidadáns de Carballo promovendo a organización e realización de actividades culturais.

A situación provocada pola crise socio-sanitaria da COVID-19 tivo un forte impacto para o tecido cultural. Aínda que no período que vai desde o inicio do estado de alarma ata a actualidade moitas das entidades culturais mantiveron parte da actividade, as limitacións e restriccións afectaronas fortemente, reducíndoa drasticamente ou, no mellor dos casos, desenvolvéndoa cunhas duras reducións no número de participantes. Igualmente, algúns dos proxectos ou actividades previstas e que estaban en preparación, non puideron executarse, pero as asociacións si tiveron que afrontar gastos comprometidos para a súa organización. Así mesmo, para posibilitar a continuidade da asociación e poder continuar coa actividade no futuro, continuaron asumindo moitos dos gastos de mantemento e funcionamento, á vez que se reducían os seus ingresos ordinarios, en moitos casos coa suspensión das cuotas de socios.

Por eses motivos, a convocatoria contempla medidas de carácter extraordinario que teñen como finalidade axudar ás entidades sen ánimo de lucro a afrontar esta situación anómala e excepcional e atenuar a repercusión sobre o seu funcionamento e o cumprimento do seu papel na promoción cultural de Carballo. Ademais da subvención aos programas culturais, esta tamén se dirixe a outros ámbitos de actuación como o propio mantemento e xestión das asociacións e dos seus locais sociais. Con carácter excepcional o prazo de realización da actividade comprende o ano 2020 e do 1 de xaneiro ao 31 de outubro de 2021.

As bases da convocatoria poden descargarse máis abaixo. O prazo de solicitude estará aberto ata o 23 de decembro.

Descargas

Compartir: