Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Aberto ata o 20 de febreiro de 2022 o prazo para...

Aberto ata o 20 de febreiro de 2022 o prazo para presentar series ao 9º Carballo Interplay

A novena edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, que se celebrará do 6 ao 9 de abril de 2022, abre a inscrición para que todas aquelas persoas que o desexen presenten as súas series ou proxectos de serie á súa sección oficial, que repartirá 2800 euros en premios. Poden facelo dende hoxe mesmo e ata o 20 de febreiro de xeito gratuíto a través da web carballointerplay.com ou da plataforma Film Freeway.

Para participar na Sección Oficial a concurso, as series deben ser producidas entre os anos 2020 e 2022 e ter un mínimo de 3 capítulos emitidos no momento de inscrición, pero poden ser de calquera duración, temática, xénero, de imaxe real ou de animación, nacionais ou internacionais. Entre as propostas recibidas, un xurado composto por profesionais do sector audiovisual e da cultura premiará a mellor serie e a mellor serie en versión orixinal en galego con 800 euros e trofeo, para cada categoría, a mellor dirección e o mellor guión, con 200 euros e trofeo. As escollas do xurado novo e máis do público levarán 400 euros e trofeo, cada unha.

Ligazóns

Compartir: