Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Convocatoria dunha praza de docente para impartir...

Convocatoria dunha praza de docente para impartir a acción formativa "Cociña", do Plan formativo para o emprego da Comunidade Autónoma de Galicia

O Concello de Carballo aprobou as bases e a convocatoria para a provisión, en réxime laboral temporal, dunha praza de docente para impartir a acción formativa “Cociña”, correspondente ao Plan Formativo para o Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, para o anos 2021 e 2022.

As bases están dispoñibles no Taboleiro de Anuncios da Casa do Concello, e tamén poden descargarse máis abaixo. O prazo de presentación de instancias é de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, é dicir, dende o 6 ata o 15 de novembro, ámbolos dous incluídos.

Con data 18 de novembro faise pública a listaxe definitiva de admitidos/as.
O 22 de novembro publícanse a relación de aspirantes e as puntuacións do proceso selectivo.

Descargas

Compartir: