Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Convocatoria para a selección do persoal...

Convocatoria para a selección do persoal directivo, docente e de apoio do Obradoiro Dual de Emprego "Carballo Coida"

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou con data 11 de outubro as bases específicas e a convocatoria para a selección do personal directivo, docente e de apoio do Obradoiro dual de emprego “CARBALLO COIDA” coas seguintes categorías profesionais:
– Director/a (xornada completa)
– Mestre da especialidade Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (rama sanitaria) (xornada completa)
– Mestre da especialidade Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (rama psicosocial) (xornada completa)
– Mestre/a titor/a para a impartición dos módulos de Educación básica, Orientación e información profesional, formación empresarial e asesoramento e os módulos de formación complementaria (media xornada)
– Auxiliar administrativo/a (media xornada).

As bases están dispoñibles no Taboleiro de Anuncios da Casa do Concello, no portal de emprego do Concello de Carballo e páxina web do Concello de Carballo (www.carballo.gal). O prazo de presentación de instancias é de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

  • Con data 19 de outubro fanse públicas a composición do tribunal cualificador e as datas do proceso selectivo.
  • Con data 22 de outubro faise pública a listaxe definitiva de admitidos/as.

Descargas

Compartir: