Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Axuda extraordinaria para as persoas...

Axuda extraordinaria para as persoas traballadoras afectadas por un ERTE como consecuencia da crise da COVID-19

Orde do 8 de setembro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión da axuda extraordinaria para as persoas traballadoras afectadas por un expediente de regulación temporal de emprego como consecuencia da crise derivada da COVID-19. (DOG nº 184 do 23/9/2021) 

Obxecto
Convocar as axudas para compensar a perda de poder adquisitivo das persoas traballadoras que se encontren afectadas por un ERTE derivado da COVID-19, con suspensión total ou parcial do seu contrato.

Requisitos das persoas beneficiarias

  1. Persoas traballadoras por conta allea, incluídas as persoas traballadoras fixas descontinuas, ou socias traballadoras de sociedades laborais e de cooperativas de traballo asociado en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia que se viron afectadas por expedientes de regulación temporal de emprego a consecuencia da COVID-19.
  2. Que se encontren incluídas nun ERTE no período temporal do 14 de marzo de 2020 ao 31 de xullo de 2021, ambos inclusive, polo menos 12 meses, aínda que sexa de maneira interrompida.
  3. Que o importe da totalidade dos rendementos declarados durante o período impositivo 2020 no imposto sobre a renda das persoas físicas non excedese 14.000 euros.
Contía da axuda
Consistirá nunha axuda de 500 euros por persoa beneficiaria, ata esgotar os fondos habilitados no orzamento previsto para este fin.

Compatibilidade
Estas axudas non serán compatibles coas axudas ás persoas traballadoras afectadas por expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE ETOP) de suspensión de contratos ou redución da xornada (TR820F) (Orde do 19 de xuño de 2020).

Documentación
  • Solicitude (procedemento TR820G)
  • Informe de vida laboral da persoa solicitante emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social polo período comprendido entre o 14 de marzo de 2020 e o 23 de setembro de 2021.
Lugar de presentación
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Prazo
Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no DOG. Ata o 25 de outubro de 2021.

Compartir: