Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Axudas para a obtención dos permisos de...

Axudas para a obtención dos permisos de conducir B e C destinadas a mozos/as inscritos/as no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o 13 de agosto a convocatoria dunha liña de axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución das clases B e C a mozas e mozos galegas/os inscritas/os no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. As subvencións serán de 400 euros para o permiso de clase B e de 650 para o de clase C.

Na anterior convocatoria desta orde concedéronse máis de 1.700 axudas. O prazo de solicitude é de 1 mes, pero podería rematar con anterioridade no caso de que se esgote o crédito orzamentario dispoñible, que acada os 761.000 euros, co-financiados nun 91,89% pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo.

As persoas interesadas deberán ter máis de 18 anos, estar empadroadas na Comunidade Autónoma como mínimo desde hai un ano, estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e figurar como beneficiarias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, teñen que estar matriculadas nunha autoescola de Galicia no momento de presentar a solicitude ou ben ter obtido o permiso entre o 1 de xaneiro e a data da presentación.

As solicitudes teñen que presentarse por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

Ligazóns

Compartir: