Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Subvencións a asociacións de...

Subvencións a asociacións de empresarios e comerciantes para actividades de promoción económica durante o ano 2021

O Concello de Carballo convoca as subvencións a asociacións de empresarios e comerciantes para actividades de promoción económica durante o ano 2021. Poderán solicitalas as entidades, xuridicamente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:

  • Carecer de fins de lucro
  • Ter a sede social e o domicilio fiscal no concello de Carballo
  • Desenvolver a súa actividade dentro do ámbito municipal
  • Non ter pendente de xustificar ningunha subvención ou axuda económica concedida polo Concello de Carballo
  • Estar inscritas no rexistro municipal de asociacións
  • Estar ao corrente das súas obrigas coa Facenda Pública, co Concello de Carballo e coa Tesourería da Seguridade Social
  • Non estar incursas nas causas de incompatibilidade ou incapacidade para ser beneficiarias ou percibir subvencións da administración pública previstas no artigo 13 da Lei Xeral de Subvencións 38/2003, de 17 de novembro.
  • Dado que a tramitación será telemática, a entidade deberá dispoñer dun único enderezo de correo electrónico durante toda a tramitación do expediente, ao que se dirixirán as comunicacións, requirimentos e notificacións a través do representante designado na solicitude. Excepcionalmente, e de xeito xustificado, poderá modificar este enderezo inicial, sempre e cando lle notifique a circunstancia pertinente ao Concello de Carballo.

Segundo.-Obxecto
A presente convocatoria de subvencións ten por obxecto a concesión de axudas económicas ás asociacións de empresarios e comerciantes do municipio de Carballo para  impulsar accións de dinamización, programas de formación e actividades de promoción económica local durante o ano 2021, e garantir a súa actividade e permanencia durante os próximos meses de crise económica.

Terceiro.- Bases Reguladoras.
As bases reguladoras desta convocatoria foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña núm. 149, do luns 9 de agosto de 2021.

Cuarto.- Actuacións subvencionables. As actividades subvencionables nesta convocatoria serán as actividades de difusión, promoción e apoio do tecido empresarial local, a formación e as accións de dinamización da actividade económica local. Os gastos de carácter xeral da entidade (persoal e gastos correntes) serán subvencionables cando se adscriban á realización da actividade obxecto de subvención co límite máximo do 50% do orzamento total subvencionable, o que deberá quedar suficientemente motivado. Exclúense desta convocatoria os gastos de viaxes, manutención, aloxamento e atención protocolaria e os gastos que non se correspondan cos obxectivos da convocatoria. O importe do IVE non será subvencionable cando sexa susceptible de recuperación ou compensación por parte da entidade.

Quinto.- Contía O importe global destinado á concesión destas axudas é de 70.000,00 €.

Sexto.-Prazo de presentación de solicitudes. O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días naturais desde a publicación do extracto de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, a través da BDNS.

Sétimo.- Prazo de xustificación O prazo para a xustificación das subvencións finalizará o día 15 de novembro de 2021.

Descargas

Compartir: