Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Aberto o prazo de solicitude de inscrición...

Aberto o prazo de solicitude de inscrición para as novas accións formativas do programa PEL-Emprego Sustentable no Ámbito Rural

A Deputación da Coruña abre do 10 ao 17 de setembro o prazo de solicitude de inscrición para novas accións formativas do programa PEL-Emprego Sustentable no Ámbito Rural. As persoas interesadas en calquera das iniciativas que figuran no anexo poden dirixirse ao Fórum Carballo (2ª planta), previa solicitude de cita no 981709010, onde se lles ofrecerá información detallada e poderán realizar o trámite de solicitude. Tamén pode realizarse online a través da Sede Electrónica do Concello de Carballo, onode atoparán toda a documentación. 

A oferta formativa inclúe os seguintes cursos:

  1. Xestión de chamadas  de teleasistencia (certificado de profesionalidade de Nivel 2). Sede: Arteixo. Horario de tarde
  2. Dinamización comunitaria (certificado de profesionalidade de Nivel 3). Sedes: Ortigueira, en horario de tarde; Ordes e Santa Comba, en horario de mañá.
  3. Guía de itinerarios de baixa e media montaña (certificado de profesionalidade de Nivel 2). Sedes :Teo e Mazaricos, en horario de mañá (neste caso o prazo está aberto ata o 24 de setembro)

Compartir: