Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Consulta aquí a información sobre...

Consulta aquí a información sobre as tarxetas "Sempre Carballo" para a reactivación da economía local

Máis alá do impacto na saúde e na vida das persoas, unha das consecuencias máis directas da emerxencia sanitaria internacional sufrida nos últimos meses é, sen dúbida, a desaceleración da economía, a paralización case total da actividade empresarial e, como consecuencia, o aumento do desemprego.

Ademais das medidas que poidan adoptar outras Administracións para intentar paliar os efectos económicos desta pandemia, e tendo en conta o papel do Concello como administración máis próxima ao tecido empresarial e aquela que pode detectar con maior precisión as necesidades das empresas do seu entorno, a Concellaría de Promoción Económica e Turismo, despois de escoitar as demandas dos distintos sectores e valorar posibles medidas de apoio, considera que a fórmula que mellor pode incidir na reactivación da economía local e a que maior efecto multiplicador pode ter é a posta en circulación de tarxetas bono para consumo en empresas locais.

Con esta finalidade o Concello de Carballo aprobou na Xunta de Goberno Local celebrada o día 17 de agosto de 2020 as Bases reguladoras do concurso público para a concesión de axudas para o fomento da reactivación económica local. Para a instrumentalización destas axudas, na mesma Xunta de Goberno, aprobouse o convenio de colaboración coa entidade Abanca Corporación Bancaria S.A. para a xestión destas axudas.

As axudas para o fomento da reactivación económica local entregaranse aos beneficiarios que voluntariamente a soliciten a través dunha tarxeta prepagamento que se cargará dunha soa vez cun total de 30 €, tendo unha vixencia comprendida entre a data de entrega da tarxeta pola entidade bancaria colaboradora aos beneficiarios do programa e o 30 de novembro, data límite para a súa utilización en calquera dos establecementos adheridos.

Podes acceder a toda a información nas descargas:

  • Decreto de aprobación das condicións de adhesión de establecementos ao programa de reactivación económica local.
  • Bases reguladoras do concurso público para a concesión de axudas para o fomento da reactivación económica local.

Descargas

Compartir: