Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Subvencións a asociacións de...

Subvencións a asociacións de empresarios e comerciantes para actividades de promoción económica durante o ano 2020

Por acordo da Xunta de Goberno Local de data 25 de maio de 2020 foron aprobadas as bases reguladoras da convocatoria de subvencións a asociacións de empresarios e comerciantes para actividades de promoción económica durante o ano 2020.

O Concello de Carballo ten a vontade de favorecer a actividade económica local mediante accións de dinamización, formación e promoción dos distintos sectores económico, en especial nun momento de incerteza e recesión económica como o que estamos atravesando actualmente como consecuencia da emerxencia sanitaria provocada pola COVID-19.

Entre as diversas medidas de apoio que a Concellaría de Promoción Económica contempla, considérase prioritario establecer unha liña de subvencións ás asociacións de empresarios e comerciantes para fomentar a realización de actividades que contribúan ao impulso do desenvolvemento económico local, tendo en conta o papel destas entidades como representantes e interlocutores do tecido empresarial, así como a súa capacidade para realizar funcións de asesoramento e apoio técnico, o que as configura como un pilar fundamental na estratexia de reactivación económica local que está a desenvolver a Concellaría.

O importe total destinado á concesión destas subvencións é de 60.000 €. As solicitudes de subvención presentaranse de xeito telemático na sede electrónica do Concello de Carballo. O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais desde a publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, a través da BDNS.

Ligazóns

Descargas

Compartir: