Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Aberto do 9 ao 18 de maio o prazo para participar...

Aberto do 9 ao 18 de maio o prazo para participar no proceso selectivo de 30 socorristas para a temporada de praias

Por resolución da Alcaldía veñen de ser aprobadas a convocatoria e as bases para a contratación, en réxime laboral temporal, de 30 socorristas que prestarán os seus servizos na Unidade de Socorrismo e Salvamento Acuático que estará operativa durante a temporada de praias.

A unidade estará integrada por 30 socorristas: 4 coa categoría de coordinador/a socorrista e 26 coa de socorrista oficial de segunda. Os contratos serán de tres meses, e os salarios brutos mensuais de 1.463,06 euros no caso dos/as coordinadores/as e de 1.327,58 para o resto.

O prazo de presentación de instancias será de 10 días naturais a partir do seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP), é dicir, do 9 ao 18 de maio. 

Tanto as bases coma o modelo de instancia poden descargarse máis abaixo.

Descargas

Compartir: