Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Aberta a convocatoria de subvencións...

Aberta a convocatoria de subvencións destinadas á promoción e o fomento do deporte escolar no concello de Carballo durante o curso 2018/2019

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do 8 de outubro de 2018, aprobou as bases da convocatoria de subvención destinadas á promoción e o fomento do deporte escolar no concello de Carballo durante o curso 2018/2019.

O obxectivo da convocatoria é a concesión de axudas económicas a ANPAs, seccións deportivas de ANPAs e agrupacións deportivas escolares de centros educativos sostidos con fondos públicos para facilitar a práctica deportiva en idade escolar mediante o financiamento de proxectos de escolas deportivas en horario extraescolar nos centros de ensino e dirixidas aos nenos e nenas que cursan educación infantil e primaria, durante o curso escolar 2018/19.

O Concello de Carballo destina a esta liña de axudas un total de 30.000 euros.

O prazo de solicitude será de 15 días a partir do seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, polo que empezará a contar o 23 de outubro. As bases poden consultarse no documento adxunto.

Ligazóns

Descargas

Compartir: