Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias O xoves 20, terceira proba de selección de...

O xoves 20, terceira proba de selección de alumnado para a Escola de Hostalaría

Tribunal das probas de selección

Tribunal das probas de selección

O xoves 20 de setembro celebrarase a terceira proba de selección de alumnado para a Escola de Hostalaría de Carballo. Os/as aspirantes están convocados/as a partir das 09.30 horas na cociña do Fórum, onde se levará a cabo o exame práctico para seleccionar ao alumnado que integrará a primeira promoción.

O exame consistirá nunha proba de cociñado na que, nun tempo máximo de 90 minutos, os/as candidatos/as deberan elaborar un prato partindo dun ingrediente común a elexir polo tribunal. Os pratos valoraranse atendendo a súa presentación, sabor, creatividade, limpeza, elaboración e o seu desenvolvemento na cociña. Todos os ingredientes e utensilios necesarios para a elaboración do prato serán proporcionados polo Fórum Carballo. Os/as aspirantes deben traer para a realización deste exercicio:

  • Pantalón cómodo longo
  • Camiseta branca ou negra
  • Mandil ou mandilón para cociñar
No documento adxunto figura a listaxe coa puntuación dos/as aspirantes que superaron o segundo exercicio e que, polo tanto, continúan no proceso de elección para participar como alumnado na Escola de Hostalaría do Concello de Carballo. Os/as candidatos/as poderán presentar as reclamacións que consideren portunas no prazo máximo de tres días hábiles dende hoxe, 14 de setembro.

Descargas

Compartir: