Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Nomeamento do tribunal de selección do...

Nomeamento do tribunal de selección do alumnado da Escola de Hostalaría do Concello de Carballo

venres 7 de setembro empezará o proceso de selección dos/as 15 alumnos/as que integrarán a primeira promoción da Escola de Hostalaría. O Concello de Carballo vén de proceder ao nomeamento do tribunal de selección, cuxa composición figura no documento adxunto. 

Os/as aspirantes admitidos/as están convocados/as o día 7 ás 10.00 horas no auditorio do Fórum Carballo, onde se celebrará a primeira proba, de tipo test, co obxectivo de avaliar os seus coñecementos teóricos. Ese mesmo día, a partir das 14.00 horas, xa se fará pública a través desta páxina web e no taboleiro do Fórum Carballo o listado provisional de aprobados/as, xunto coa data e a hora do segundo exercicio.

Para o primeiro exame están citadas 28 persoas. Outras 11 están exentas, ao tratarse de candidatos/as que xa se presentaron á convocatoria do ano pasado e aprobaron o exercicio teórico. Estas 11 persoas accederán directamente, tal como figura nas bases, á segunda proba, que consistirá nunha entrevista.

Descargas

Compartir: