Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Listaxe definitiva de admitidos/as e...

Listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as no proceso de selección de socorristas e persoal de primeiros auxilios para as praias

No documento adxunto publícase a listaxe definitiva de candidatos/as admitidos/as e excluídos/as para participar no proceso selectivo para a contratación, en réxime laboral temporal, de 10 socorristas e 5 técnicos/as en primeiros auxilios para a unidade de salvamento e socorrismo acuático do Concello de Carballo.

Tamén se procede ao nomeamento do órgano de selección e fíxanse as datas tanto para a valoración de méritos na fase de concurso, que se realizará o día 12 de xullo, coma para a primeira proba da fase de oposición, que será o día 13 ás 09.00 horas na piscina do complexo deportivo Carballo Calero.

Os listados que se publican nesta páxina web e que conteñen datos de carácter persoal axústanse á lexislación actual de protección de datos e a súa única finalidade, de conformidade có previsto no artigo  59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, é a de comunicar a cada un dos aspirantes o contido do procedemento selectivo. Estas listaxes non constitúen fonte de acceso público e non poderán ser reproducidos nin en todo nin en parte, nin transmitidos nin rexistrados por ningún sistema de recuperación de información, sen o consentimento dos propios afectados.

Descargas

Compartir: